Fuxir
Ela asolagoume de bágoas
cando me deixou abandonado
naquela indiferenza.
Pero a culpa é miña:
fun eu quen se afastou,
e non podo pretender, agora,
aparecer da nada
e ser ben recibido.
Poalla fora, no corazón do monte,
e orballa tamén dentro...
Se me apuro,
aínda terei sitio na aeronave.
0 comentarios