Blogia
nàmoR

Máis Literatura (II)

-E como aínda non consigo durmir -son as 3 da madrugada-, e quería rematar de ordear eses papeis, vou facerlle uns amaños a outro borrador que atopei, e así xa podo tiralo ^_^. Non sei que tal quedará, xulgade e contádeme ~_o.

 

Pensamentos Plásticos

 

Quedei baldeiro por dentro

coma unha botella en sábado:

Trataba de acostuma-los meus calqueras

os teus beizos.

 

O son esdrúxulo, líquido

do teu soño

entrecortaba as miñas veas,

nun aquel inútil

por retornarme o alento

 

mentres o corpo ensanguentado

do meu corazon roto

trababa as miñas pálpebras,

tentando apañar un novo salouco de vida.

 

Todo esforzo era en van,

a choiva do amencer

mergullou o cadáver incómodo

no (cada)leito dun río:

atopei a morte, acougado, na corrente

da crueldade humana.

 

0 comentarios