Máis Literatura


 

-Había ben tempo que non actualizaba a bitácora, así que antes de nada, benvidos de novo ;-) Xa hai máis dun mes que borrei o artigo sobre sistemas operativos: este non era o lugar para publicalo, e aínda por riba a redacción do mesmo era insufrible. Comecei a principios de ano a escribir sobre eses temas na miña outra bitácora (en Barrapunto.es). Cando teña algo decente pasareivo-la dirección, por se se dá o improbable caso de que queirades botarlle unha ollada :-P. Mentres tanto, facendo limpeza entre papeis antigos, atopei unha poesía (en realidade só un borrador) que data da miña época de estudiante de instituto, se non me trabuco. E como perdín irremediablemente a que estaba a escribí-lo día que borrei o dos SS.OO. -reinicio do PC no peor momento, unido a que por primeira vez a escribía directamente no blog en lugar de facelo en papel coma sempre-, e quería deixarvos algo para que souberades que isto segue vivo, pareceume boa idea colgalo. Coma de costume, agardo as vosas críticas (e por certo, algunha vez poderiades ser un pouquiño máis duros, que sempre me dicides que vos gustan ;-).



Lembrando

 

Sentía o arrecedo do verde por todas partes

Tentando moldea-los versos,

recaía unha e mil veces

no pasado.

 

Recordaba a vida

coa frescura

dun neno xogando con area,

triscando coma un enorme atardecer

da infinita nada.

 

Coma o solpor traído da man

pola noitiña das tuas ondas,

capilares de intensidade coagulada.




2007/06/18 02:30. Autor: Román. #. Tema: Arte.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.