No futuro
Onte
partíchesme a alma en dous
e a esmagaches coas túas propias mans.
Agora
teño que recompoñe-lo meu corazón
roto unha vez máis.
No futuro
non terei medo de ti
porque xa non estarás.
Onte
arrincaríache a alma
dun só mordisco.
Agora
recuperareime lentamente namentres o mundo
segue a xirar sen mirar por mín.
No futuro
ignorarei
a túa inútil e estúpida vida.
Onte
quería matarte lentamente
e facerche sufrir mil crueldades.
Agora
resolvo que esta
foi a derradeira vez.
No futuro
non te verei nunca máis
para non caer doente de novo.
... E non me hei volver namorar.
0 comentarios